O Pazo de Goiáns acolleu este venres o I Certame de Regueifas dos centros de ensino do municipio

24 Maio 2024

O Concello de Boiro celebrou este venres 24 de maio o I Certame de Regueifas cos centros de ensino do municipio, unha iniciativa da Concellería de Ensino e os Equipos de Dinamización de Lingua Galega dos centros. A concelleira de Ensino, Carmen Silva, participou no acto de apertura do certame.

Previamente, o alumnado tomou parte activa nunha serie de obradoiros para adestrar en materia de improvisación con distintos xogos de palabras. “Celebramos este festival con motivo da celebración das Letras Galegas, para poñer en valor a nosa lingua”, afirmou a concelleira, Carmen Silva.

No festival, que estivo presentado por Lupe Blanco e Luis o Caruncho, participaron o CEIP Cespón, CEIP Abanqueiro, IES A Cachada, CEIP Santa María do Castro, CEIP Escarabote, IES Espiñeira, CEIP Praia Xardín, CEIP Santa Baia e IES Praia Barraña que cantaron as súas creacións e realizaron xogos de rimas propostas.

O obxectivo desta actividade foi “dar a coñecer o fenómeno da poesía oral improvisada en verso, achegar á rapazada a nosa tradición”, explicando a historia da regueifa e outras expresións da improvisación que existen por toda Galicia, así como espertar vocacións nesta práctica artística tradicional cun importante poder didáctico nos contidos de materias como lingua galega ou música.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.