O mercado de Noia trasládase este domingo á rúa Paraguai

31 Maio 2024

A Policía Local de Noia informou de que este domingo 2 de xuño vaise proceder ao traslado puntual do mercadiño municipal dende a rúa Curro á rúa Paraguai. De xeito complementario, prohíbese o estacionamento de vehículos en toda a rúa a partires das 07 horas, así coma a circulación entre as 07 e as 16 horas. O motivo do traslado é a elaboración das alfombras de Corpus na rúa do Curro.

Ademais, o luns día 03 de xuño, por mor das obras de reparación da calzada á altura da fonte de San Breixo (pola aparición dunha focha), cortarase a circulación na ponte de San Francisco cara ao casco urbano agás para residentes ata a zona onde de vai levar a cabo a actuación. Nos cruces da vía afectada á altura de Sueiro e o Pirillueiro colocaranse sinais de dirección obrigatoria á esquerda. Procederase ao corte da vía ás nove da mañá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.