O grupo rianxeiro do BNG explica nun comunicado as razóns que o levaron a rexeitar os Orzamentos do Goberno local

22 Maio 2024

O grupo municipal do BNG en Rianxo emitiu un comunicado no que expón os porqués do seu rexeitamento ao proxecto de Orzamentos da Corporación presentado polo Executivo local no máis recente pleno da Corporación (o do 16 de maio). Segundo explican, o borrador achegado “só tiña garantido o apoio de catro concelleiros do Goberno dun total de 17 membros que constitúen a Corporación”. O BNG di ademais que “até a convocatoria da comisión os grupos municipais non tiveron acceso nin ao borrador de ingresos nin ao borrador do anexo de investimentos, así como a outra documentación necesaria para facer unha valoración adecuada do proxecto, por exemplo a proposta de subvencións ou as previsións para o persoal do Concello”.

“Non houbo pois, ao menos co grupo municipal do BNG, un proceso de negociación, entendendo por isto unha participación de obxectivos e de accións que se pretenden co orzamento”, engaden, opinando que “o proxecto de Orzamentos adoece de fortes desequilibrios tanto no reparto global das partidas como na correspondencia entre gastos comprometidos e créditos asignados. Parécenos que non responden á necesidade de fortalecer economicamente a Administración local nin de dinamizar a economía do concello e preocúpannos especialmente as partidas que dende intervención se recoñecen xa deficitarias é dicires para as que se prevé menor asignación económica ca o gasto executado en 2023, preocúpanos a falta de previsión e resposta a unha débeda comercial que supera o millón de euros”.

Cualifican a actitude do Goberno de “temeraria, prepotente e irrespectuosa coa Corporación, pero sobre todo co pobo de Rianxo”. E explican: “É temerario e irresponsábel levar un proxecto de Orzamentos con só catro apoios nunha Corporación de dezasete membros e é irresponsábel que isto se faga sen ter garantido os apoios mínimos, incluso na súa propia organización un dos concelleiros estaba ausente”.

E engaden: “A saída a esta situación non é tal e como xa se anunciou no propio pleno propor unha moción de confianza. No lugar disto, ao entender deste grupo político, o responsábel houbera sido propor un prazo novo de reflexión e negociación sobre o proxecto, ver como se pode mellorar, recoller e incorporar as preocupación manifestadas polos grupos políticos da oposición. Entendemos que o responsábel é retomar o camiño do diálogo serio e franco coa maioría da Corporación e presentar un proxecto serio e críbel, buscando de verdade apoios para gobernar. A actitude da alcaldía anunciando a presentación da moción de confianza entendemos que busca alimentar conflito e enfrontamento no lugar de buscar espazos de entendemento e colaboración”.

Dende o BNG de Rianxo piden “un troco nas maneiras de traballar, tanto nas formas como no fondo. Non está a haber xuntanzas de portavoces para avanzar nos temas clave (convocouse unha soa no mandato), como pode ser o PXOM neste momento final do procedemento, nos Orzamentos, na política de persoal, na dotación de solo industrial, nos concursos de servizos, actuacións diante das ameazas ambientais, da quebra da atención á saúde no concello, nas melloras do benestar social, nos retos culturais ou practicamente en ningún tema de calado. Nós cremos que esta situación non se resolve con manobras de curto percorrido como pode ser unha moción de confianza, o que necesita Rianxo é impulsar a Administración local, os seus servizos, resolver os seus problemas; e iso acadarase unicamente con maiorías sociais representadas polo conxunto das forzas presentes na Corporación ás que hai que respectar”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...