O Concello recoñece os logros do Natural Sport de Ribeira

21 Maio 2024

O Concello de Ribeira organizou este martes 21 de maio un acto de benvida e recoñecemento ao Club Natural Sport, co obxectivo de distinguir aos seus destacados logros nos campionatos galegos de 2024. A cita tivo lugar no salón de plenos do Concello, onde estaban presentes o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro Fernando Abraldes.

O equipo do Goberno local salientou que “por primeira vez na historia, un club é campión nos catro torneos oficiais galegos; nas categorías cadete, júnior, sub 21 e absoluto”. Ademais, esta pasada fin de semana, Irene Montemuiño e Lois Tomás acadaron ouro e bronce respectivamente no Campionato de España Universitario de Taekwondo.

Os membros do Concello felicitaron a todo o equipo “pola súa dedicación e esforzo”, así como pola promoción de valores esenciais como a disciplina, o respecto e a resiliencia. “Grazas a clubs como Natural Sport, podemos ofrecer aos nosos mozos a oportunidade de medrar nun ambiente saudábel e motivador”, destacou o alcalde Luís Pérez Barral, quen agasallou ao equipo cunha peza de cerámica galega e un diploma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...