O Concello de Ribeira adxudica a renovación da Praza dos Estudantes

07 Maio 2024

O Concello de Ribeira vén de adxudicar a renovación da praza dos Estudantes de Ribeira cun orzamento de 82.227,20 euros un prazo de execución de 6 meses.

Segundo lembraron fontes do Consistorio, a praza dos Estudantes atópase moi deteriorada: “Ademais de presentar un deseño que impide que o espazo sexa accesíbel, a pérgola que percorre a contorna ten problemas coa impermeabilización, de aí que se presentase a mellora do equipamento, de maneira que estea libre de obstáculos e garanta unhas condicións de seguridade axeitadas”.

As actuacións que se desenvolverán consisten na substitución do pavimento da praza por unha nova capa de formigón, na renovación do revestimento das plataformas existentes e na reparación da pérgola. Ademais; o proxecto contempla o recheo do foso existente con terra vexetal fertilizada para a posterior plantación de céspede e distintos tipos de arbustos.

O axardinamento da praza e a renovación da pérgola son “investimentos pensados para mellorar a calidade de vida da comunidade proporcionando un ambiente atractivo, saudábel e funcional para todas as persoas que frecuentan este espazo público”, explicou o alcalde Luís Pérez, engadindo que dende “o Goberno municipal seguirase a traballar para a ampliación e mellora das zonas verdes en todo o Concello, co propósito de embelecer a paisaxe urbana e reforzar o tecido social; promovendo un estilo de vida activo e sustentábel”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.