
O Concello de Boiro participa, un ano máis, nos campamentos nos campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña. A actividade está destinada a rapaces e rapazas empadroados nacidos entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2015.
Ao Concello de Boiro correspóndenlle nesta ocasión 4 prazas na 1º quenda, que se vai desenvolver entre o 23 e o 28 de xuño. O campamento vaise desenvolver na Coruña, no IES Rosalía Mera e o prezo da inscrición será de 85 euros. As persoas participantes desfrutarán dun amplo programa de activades consistente en deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornadas de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas.
As inscricións para participar están abertas ata o 28 de maio e deberán facerse mediante o Rexistro Xeral ou na sede electrónica do Concello de Boiro, para o que deben enviar a ficha da inscrición debidamente asinada e cuberta. Entre os días 29 e 31 de maio realizarase o sorteo das prazas, para o que terán prioridade aqueles rapaces e rapazas que nunca asistiran a campamentos de verán da Deputación.
Unha vez publicada a relación de persoas admitidas, estas deberán formalizar a inscrición aportando unha fotocopia do carné de identidade, a copia do pago das taxas e, de ser o caso, informe médico de doenzas ou cuestións relativas a alerxias ou outras consideracións de saúde a ter en conta.



