O Concello de Noia, a Cámara de Comercio de Santiago e a patronal local Noia Histórica organizan este mércores 29 de maio unha xornada Informativa para empresarias/os da contorna. Porase o foco na metodoloxía para a creación dunha comunidade enerxética local, facendo fincapé nas vantaxes que este tipo de iniciativas poñen en xogo para os novos negocios que queiran ser máis sustentábeis e eficientes en materia de enerxía, cos aforros que isto pon en xogo. Será este mércores 29 de maio ás 9.00 horas no Edificio Casino de Noia. A xeira de traballo rematará cun almorzo para todas as persoas participantes. Segundo indican as entidades organizadores, será preciso confirmar asistencia. A xornada é de especial interese para persoas autónomas, empresas, comerciantes, responsábeis de negocios hostaleiros, etc. Brindaralles a posibilidade de pagar menos por consumo enerxético.




