A área de deportes do Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (Consellería de Sanidade) organiza esta tempada un curso gratuíto de adestramento físico e deportivo da rexión lumbo-pélvica. Esta acción formativa, de carácter gratuíto e de catro horas de duración, está dirixida a persoal educativo e deportivo, adestradores, deportistas e cidadanía interesada na práctica do deporte, en xeral. A persoa encargada de impartir os contidos será Pablo Martínez Fernández. Vaise celebrar o 17 de xuño en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas no Viveiro de Empresas de Porto do Son. As inscricións cómpre facelas antes do 13 de xuño a través da conta de correo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal.




