Seguen as Festas da Ascensión 2024 de Santiago

09 Maio 2024

O Concello de Santiago deu a coñecer o programa que elaborou para celebrar as festas da Ascensión, que comezarán o mércores desta semana.

Raxoi centrou os seus esforzos en deseñar unha axenda con citas para todos os públicos, baixo a premisa de promover unha celebración “para toda a veciñanza”

Así, aínda que o prato forte seguen sendo os concertos, tamén haberá actividades pensadas para persoas maiores e afeccionados ao deporte.

Concertos

Os actos musicais comezarán o 8 de maio ás 21.00 horas co concerto de Santiago Pop 40 que reunirá a artistas como Soge Culebra, David Otero ou Lérica.

Un par de horas despois, o Obradoiro encherase coa actuación de Panorama, que baixará os seus decibelios para ser máis respectuoso co patrimonio.

Xa o venres, a praza da Quintana será o escenario do Compos Fest, unha iniciativa na que participarán algúns dos artistas urbanos máis recoñecidos da cidade, como Boyanka Kostova ou Dios Ke Te Krew.

Así mesmo, diferentes locais de Santiago acollerán o sábado actuacións grupais de Cantos de Taberna cunha actuación final conxunta. O mesmo día pola tarde, a Casa do Taberneiro acolle un obradoiro para todas as persoas interesadas neste tipo de cancións populares.

Máis citas

O día grande da Ascensión, o xoves 9 ás 12:30 horas, terá lugar o desfile dos cabezudos.
Outro atractivo importante da celebración é a Festa da Terceira Idade, que está programada para o sábado 11 de maio no recinto feiral de Amio.

O evento, cuxas entradas se poderán adquirir a partir de mañá no Teatro Principal, consistirá nun xantar amenizado polo grupo Eureka.

Os máis deportistas, pola súa banda, poderán celebralo á súa maneira con eventos como as probas do Corresán de Angrois ou a Carreira da Ascensión.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...