Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, recibiron unha chamada ao redor das 02:30 horas desta madrugada, alertando dun incendio nun vehículo na zona de aparcadoiro da praia de Cabío, pertencente á parroquia de Xobre no Concello da Pobra do Caramiñal.
Á chegada ao lugar, o coche afectado estaba situado ao carón dun colector completamente calcinado, polo que se supón que as lapas propagáronse desde este ao vehículo.
O operativo consistiu na extinción do lume no interior e exterior do vehículo. Nel participaron tamén a Garda Civil de Boiro e Protección Civil da Pobra do Caramiñal.