Arrincaron (con gran éxito de participación) as sesións de mantemento acuático para maiores de Porto do Son

31 Maio 2024

O Concello de Porto do Son activou a través dos departamentos municipais de Deportes e Benestar Social un programa de envellecemento activo na auga para as persoas maiores do termo municipal, en traballo conxunto co Complexo Deportivo da Piscina Municipal. Trátase dunha iniciativa gratuíta de actividades de mantemento acuático que se desenvolve en tres quendas: o 28 de maio, o 4 de xuño e o 11 de xuño. A primeira das quendas levouse a cabo esta mesma semana con gran éxito de participación e contando coa participación dun “grupo moi dinámico, traballador e divertido”, en palabras das entidades organizadoras.

Segundo engaden respecto das vantaxes que achega este tipo de exercicio físico, “o medio acuático permitiranos desenvolver programas acordes coas nosas necesidades, sumando en saúde e previndo enfermidades; co fin de manter a nosa autonomía e independencia a través da motivación persoal e do favorecemento das relacións sociais”.

Máis información e inscricións na recepción da Piscina Municipal ou chamando ao 604 051 189.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.