En Porto do Son os maiores poderán desfrutar dun programa de envellecemento activo na Piscina Municipal

14 Maio 2024

O Concello de Porto do Son, nun traballo conxunto das Áreas de Deportes e Benestar Social, propuxo dende a C.D. Piscina Municipal un programa de actividades gratuíto de ximnasia de mantemento acuático para as veciñas e veciños da terceira idade. O programa levarase a cabo en tres quendas: 28 de maio, 4 de xuño e 11 de xuño.

Segundo informan dende a organización, “o medio acuático permitiranos desenvolver programas acordes coas súas necesidades, sumando en saúde e previndo enfermidades; co fin de manter a súa autonomía e independencia a través da motivación persoal e do favorecemento das relacións sociais”.

Máis información e inscricións na recepción da Piscina Municipal ou chamando ao 604 051 189.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.