AMBAR abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

14 Maio 2024

A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con sede e actividade na nosa comarca, xa ten abertas as inscricións da 10ª edición da súa Carreira pola Diversidade. Celebrarase o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Trátase dun evento promovido pola entidade que pon en valor a práctica deportiva das persoas con diversidade funcional, visibilizando as categorías inclusivas e ofrecendo un evento participativo.

A Carreira contará cas modalidades de 5 quilómetros absoluta, zapatilla inclusiva, cadeira de atletismo e hand bike. De xeito paralelo celebrarase unha andaina que se poderá realizar con ou sen

mascota, unha novidade que comezou na novena edición. Despois da proba xeral comezará a quenda das probas infantís por grupos de idade.

Ademais, todas aquelas persoas que non poidan participar nas modalidades ofertadas e desexen colaborar con AMBAR poden facelo a través do Dorsal 0, unha cota solidaria para apoiar as iniciativas da entidade.

Inscricións

A inscrición pode realizarse dende xa en cronotec.es até esgotar prazas ou no seu defecto até o 9 de xullo ás 23:59h. Nesta mesma páxina pódese inscribir ós máis cativos na proba infantil, inscribirse na modalidade de andaina ou colaborar co Dorsal 0. A cota de inscrición é de 7,50€, agás na proba infantil que é gratuíta.

As modalidades de inscrición son as seguintes:

-Modalidade Absoluta mixta 5km.

-Modalidade Inclusiva 5km. Poderán inscribirse nesta categoría todas as persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunha das outras modalidades.

Handbike e cadeira de atlentismo.

-Andaina con ou sen mascotas 3,3 km.

-Proba infantil, nenas e nenos dos 0 ós 15 anos.

A Carreira pola Diversidade naceu no 2015. Segundo explica AMBAR, “a proba supuxo todo un avance na comarca ao tratarse dunha competición inclusiva que incluía as modalidades hand bike e cadeira de atletismo, excluídas na maioría das probas de Galicia.

Mila López Vernet, Álvaro Illobre, Álex Ferradás e José Manuel de la Iglesia, deportistas paralímpicos, son asiduos á competición dende os seus inicios. Así mesmo para a promoción da Carreira nas diferentes anualidades AMBAR contou co respaldo de grandes atletas e deportistas como Desirée Vila, Fabián Roncero, Jesús de la Osa, Fernando Romay, Killian Jornet, Marta Arce, Sabela Pensado, Alberto Boo e Carlos Brión.

10 polo menos

Este ano as persoas usuarias de AMBAR realizaron un quecemento especial con motivo do décimo aniversario do evento, convidando á comunidade. Xa presentaron o 10º reto dez polo menos e animan a todo o mundo a cumprilo. Os vídeos con todos os retos están dispoñíbeis na canle de Youtube de AMBAR.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...