A Marea Cidadá de Noia di que o Goberno local planea reducir as axudas de comedor

27 Maio 2024

Dende a Marea de Noia emitiron un comunicado no que sosteñen que o Goberno de Noia presentou unha proposta de modificación das bases reguladoras das axudas para o financiamento do servizo de comedor escolar para Educación Infantil e Primaria, axudas que ata o de agora viñan a facilitar a conciliación e a boa alimentación de decenas de nenos e nenas en etapa escolar de Noia, servindo de apoio ás familias con dificultades económicas. E todo isto, critican, “nun contexto de profunda crise económica froito das malas campañas marisqueiras, que está a afectar a centos de fogares do termo municipal”.

Engaden quen “esta modificación suporía reducir de 50€ a 30€ as axudas que perciben as familias con menor renda, co obxectivo de poder vender á opinión pública un aumento do número de beneficiarios sen ter que aumentar nin euro a partida económica”.

A concelleira da formación, Chelo Martínez, sostén que “é unha completa barbaridade que o Goberno pretenda facer pasar un recorte ás familias máis necesitadas, especialmente aos seus nenos e nenas, e que intente vendelo como unha ampliación das axudas”.

E apunta: “O Goberno nunca amosou nin o máis mínimo interese na conciliación nin nos dereitos da infancia, pero isto xa é o colmo”. Segundo afirma Chelo Martínez, “tivemos que ser nós, dende a Marea, quen marcamos o camiño para percibir 55.000€ para conciliación do Plan Corresponsables, e agora é o goberno local quen decide quitarllos á quen máis o precisa”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paz profesional”. Alberto Barciela

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...