A Creba celebra este mércores o seu Xantar de Confraternidade, enmarcado nas tres décadas de actividade da asociación

27 Maio 2024

Este mércores 29 de maio, ás 15.00 horas, a Asociación Saúde Mental A Creba celebrará un encontro de irmandade no que participarán persoas usuarias, persoas traballadoras, socios de honra, membros da xunta directiva  e representantes dalgúns dos diferentes concellos da zona de actuación da entidade (O Barbanza principalmente). O Xantar de Confraternidade da Asociación A Creba Saúde Mental desenvolverase no Restaurante Casa Vilas sito no 60 da rúa Bretal, parroquia de Olveira, Ribeira.

O evento encádrase na celebración dos 30 anos de andaina da Creba.

Con esta iniciativa a entidade quere promover “o sentimento de pertenza e unión entre as persoas que forman parte da mesma, así como fortalecer o compromiso de colaboración cos concellos convidados a compartir este xantar”.

Tres décadas fomentando a inclusión e combatendo a estigmatización

A Creba fundouse en 1994 por iniciativa dun grupo de profesionais e de familiares de persoas afectadas por doenzas mentais, que buscaban tanto orientación como apoio profesional, e a posibilidade de dispoñer de recursos mais completos e integrais que aqueles aos que podían acceder cada un individualmente.

Co tempo a asociación medrou reunindo medios materiais e humanos de calidade cos que realizar a súa labor, e continúa esforzándose por mellorar e facer mais visíbel a saúde mental, entendéndoa como unha problemática que non só afecta as persoas cun diagnóstico de saúde mental crónico, senón que nos últimos anos evidénciase como unha necesidade social colectiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.