A patronal noiesa (Noia Histórica) resolveu os premios da súa Campaña do Día da Nai, a través da cal buscouse reivindicar o comercio local ao tempo que se quixo premiar a fidelidade da cidadanía cos establecementos do seu concello. En total, sorteáronse 10 vales de 30 euros para trocar en media decena de negocios locais de estética e beleza. A campaña, subvencionada pola Deputación da Coruña, premiou finalmente aos seguintes números gañadores: 188 (vendido en Cenor), 282 (vendido en Confitería Dominga), 516 (vendido en Armería Romaní), 1821 (Federópticos Larrondo), 3461 (Librería Blanco), 3767 (Lolita Moda), 4105 (Tipitos Moda Infantil), 4112 (Tipitos), 4538 (Rosita Moda) e 4671 (Boavista Óptica).




