A aposta de CONGALSA pola responsabilidade social e a sustentabilidade ambiental recibe un novo recoñecemento nacional

24 Maio 2024

CONGALSA, empresa especializada en alimentación con sede na Pobra do Caramiñal, vén de obter un novo e importante recoñecemento, desta volta polo seu labor en materia de responsabilidade social e sustentabilidade, un compromiso que ten a corporación coas persoas e o medio ambiente, co obxectivo de ser axentes de cambio positivo na contorna.

Deste xeito, as accións que desde hai anos fóronse instaurando en materia de xestión de recursos, de materias primas, de políticas sociais, creación de redes de apoio locais e compromiso coas persoas, víronse recoñecidas co Premio de Excelencia Empresarial de Arinaga 2023 en categoría de Gran Empresa. Cabe destacar que CONGALSA conta cunha delegación nas illas Canarias.

O lugar elixido foi o salón de plenos do Concello de Agüimes.

Estes galardóns, promovidos pola Entidade de Conservación da Zona Industrial de Arinaga (ECOAGA) e pola Asociación Empresarial da Zona Industrial de Arinaga (AENAGA), coa colaboración do Concello de Agüimes, teñen como obxectivo recoñecer as boas prácticas empresariais de Arinaga nos ámbitos da Economía do Ben Común (EBC), a Responsabilidade Social Corporativa (RSC) e a contribución aos cumprimentos dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sostíbel (ODS).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.