A actividade marisqueira de Galicia recibe 11 millóns de euros en axudas

21 Maio 2024

 A Consellería do Mar fixo unha encomenda de xestión a Seaga para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños por valor de 1,3 M€ e incrementou nun 20 %, con respecto a 2023, a achega para mellorar a produtividade dos bancos marisqueos con perda de produción

A Xunta apoia a actividade marisqueira de Galicia con axudas que superan os 11 millóns de euros. Así o detallou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, Marta Villaverde, no marco da súa comparecencia na Comisión 8ª do Parlamento sobre as distintas liñas de axudas para a rexeneración dos bancos marisqueiros da ría de Camariñas.

Villaverde puxo en valor o intenso traballo que se está a realizar dende hai tempo tanto por parte do técnicos dos Departamentos Territoriais e Servizos centrais, como dos biólogos da zona, dos centros de investigación e das asistencias técnicas da propias confrarías. É precisamente, esta estratexia conxunta a que permite dar continuidade e se estea a traballar en crear varias liñas de actuación ou reforzar as existentes para seguir dando soporte á rexeneración dos bancos marisqueos. Con este obxectivo, a Consellería do Mar fixo unha encomenda de xestión a Seaga para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sostibles para o período 2023-2025, por valor de máis de 1,3 millóns de euros.

Neste senso, anunciou que, proximamente, se proxecta publicar a concesión directa de axudas de carácter extraordinario ás entidades asociativas do sector pesqueiro destinadas a garantir a súa sostibilidade ante os graves acaecementos ambientais de cara a garantir a súa viabilidade. Estará dotada con algo máis de 400.000 euros, financiados ao 100 %  pola Xunta de Galicia.

Outras liñas son as destinadas a proxectos de rexeneración que melloren a produtividade dos bancos marisqueos con problemas de perda de produción e que contribúan á mellora e xestión e conservación dos recursos mariños. Contarán cun investimento de 300.000 euros, un 20 % máis que no exercicio anterior. A estas axudas hai que engadir a achega para proxectos colectivos, cofinanciados nun 70 % polo FEMPA e nun 30 % pola Xunta para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades sustentables. Dispoñen dun orzamento de 1.750.000 euros, un 223 % máis que en 2023, distribuído en dúas anualidades: 1 millón para 2024 e 750.000 para 2025.

Por outra banda, o 30 de xaneiro de 2024 emitiuse unha Resolución de concesión directa de axudas de carácter extraordinario, que foi publicada no DOG o 1 de febreiro deste ano, da que se benefician 52 mariscadores a pé e os 13 buques que cumpren os criterios establecidos para ser perceptores. O 15 de maio, emitiuse outra pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2024 das achegas, dotadas con 7,2 millóns, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás tripulantes; por paralización temporal da actividade marisqueira nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa dos Lombos do Ulla, o Bohído e Cabío, e nos do Plan de xestión de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de autorización aprobado á Confraría de Pescadores de Noia, de Pontevedra, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín, cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura.

Chamamento ao apoio do Goberno central

Villaverde instou ao Goberno central a corrixir a súa negativa a axudar ao sector do mar galego, sobre todo ao marisqueo, despois de non tramitar a declaración de zona catastrófica nas rías que permitiría habilitar máis liñas de axudas para compensar as perdas económicas pola mortaldade severa nas poboacións de bivalvos e quen traballe para que a Comisión Europea emita canto antes a tan necesaria  Decisión de Execución que recoñeza a existencia dun acontecemento excepcional cunha profunda perturbación dos mercados que permita abrir a porta a poder aplicar o marco de apoio económico recollido no Fempa ante estes supostos, xa non só ao sector da produción, senón que tamén ao da acuicultura e ao da comercialización.

Outros artigos

Luns continúa a choiva e as temperaturas sen cambios

O luns unha fronte fría, asociada a esa borrasca, afectará a Galicia, especialmente na segunda metade do día. Así comezaremos a xornada cos ceos moi nubrados, con chuvias no litoral atlántico, localmente fortes. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...