Venres seguimos con sol e temperaturas altas

18 Abril 2024

Unha xornada máis continuamos baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa illados en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados, con nubosidade de evolución pola tarde no sur. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. Os ventos soprarán do nordés, frouxos en xeral, moderados no litoral norte, con intervalos fortes nos arredores de Bares e con réxime de brisas nas Rías Baixas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do leste á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.