Rianxo recibe preto de 84.000 euros para o impulso dos seus recursos turísticos

10 Abril 2024

O Concello de Rianxo vén de recibir un total de 83.845,38€ para a mellora dos seus recursos turístico. A contía canalizouse a través da liña de subvencións para o embelecemento do litoral convocadas por Turismo de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europeo NextGenerationEU.

A dita liña de axudas presentáronse dous proxectos relativos, por unha banda, á mellora da accesibilidade aos areais do municipio, e pola outra, á posta en valor do patrimonio natural do esteiro do Ulla na parroquia de Isorna.

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, valorou moi positivamente esta axuda a cal “permitiranos seguir mellorando os nosos recursos turísticos para o desfrute dos veciños e veciñas, así como de todas aquelas persoas que nos visiten”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.