O Concello de Rianxo, a través da súa Área de Cultura, compartiu a súa axenda de actividades para esta recta final de abril, incluíndo na relación de propostas as accións achegadas polas asociacións, entidades e agrupacións con sede no municipio.
Martes 24 de abril
16.30 – 18.00 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia da USC. Seminario: Para que serven os insectos? Con José Carlos Otero González, profesor emérito da Facultade de Bioloxía.
Mércores 25 de abril
16.30 – 18.00 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia da USC. Obradoiro práctico: Para que serven os insectos? Con José Carlos Otero González, profesor emérito da Facultade de Bioloxía.
20.30 h. Salón de actos do Cuartel Vello de Rianxo. X Encontro veciñal para cantar o Grândola de Zeca Afonso.

Xoves 26 de abril
16.30 – 18.00 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Seminario: As orixes do culto xacobeo: historia e lenda. Con Victoriano Nodar Fernández.
Sábado 27 de abril
A partir das 16.00 h. O Vilar (Araño). Festival Namórate da aldea, organizado pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia, a Asociación de Veciños do Araño e a Asociación Cultural A Ermida de Xoán.

18.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Teatro familiar, Monstros a cargo de Producións Excéntricas. ENTRADAS: 4,50 € Dispoñibles en liña en woutick e 5,00 € na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función.
20.30 h. Centro Social da Atalaia (Asados). Concerto didáctico Fremosas de Barahúnda, no marco das Veladas de primavera organizadas polo Grupo de Teatro Airños.

Domingo 28 de abril
19.00 h. Parque da Santa Lucía (Asados). Coloquio. Mesa de creadoras. Con María Xosé Silvar (Sés), Esther F. Carrodeguas, Helena de Alfonso e Arancha Nogueira, no marco das Veladas de Primavera organizadas polo Grupo de Teatro Airños.




