Os bombeiros do Parque Comarcal de Boiro foron alertados ás 20:30 horas da tarde deste domingo 21 de abril, da caída dunha persoa ao río, no Malecón de San Lázaro, concello de Noia.
Na súa chegada, participaron na intervención realizando tarefas de salvamento para o rescate do individuo que se atopaba na auga.
O operativo contou coa participación do GES de Noia e a Garda Civil.




