O equipo de Goberno de Ribeira reúnese coa veciñanza de Palmeira

11 Abril 2024

O equipo de Goberno de Ribeira mantivo este mércores 10 de abril unha reunión aberta coa veciñanza de Palmeira co propósito de informar das actuacións que o Concello está a levar a cabo na parroquia e recoller todas as inquedanzas que ten a veciñanza en diferentes eidos.

“Estes encontros abertos axúdannos á hora de priorizar actuacións para incluír nos orzamentos municipais”, afirmou o rexedor Luís Pérez, quen destacou “a importancia de establecer un diálogo coa veciñanza para conseguir que os recursos municipais se asignen de xeito eficaz e acorde ás necesidades reais da comunidade”.

Na xuntanza o equipo de Goberno informou da actuación que se está a levar a cabo actualmente na rúa da Cambra, así como de futuras obras pendentes de adxudicar, como a renovación da rede de auga para consumo na rúa do Barreiro, ou o saneamento no lugar de Lixó, nas que o Concello investirá máis de 200,000 euros.

A veciñanza trasladou ao equipo de Goberno a necesidade de acometer varias actuacións relacionadas co mantemento da infraestrutura e mellora da seguranza viaria. Pola súa parte, o equipo do Concello reafirmou o seu compromiso de “seguir incrementando a rede de servizos básicos e saneamento, así como a mellora da pavimentación das estradas na parroquia”.

No encontro tamén estiveron presentes as edís Hermina Pouso, Tania Redondo, Cruz Rivadulla, Veva Betanzos, Antía Alberte e Xabier Vidal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.