O Concello de Ribeira adxudica dous proxectos para a modernización dos servizos municipais dixitais

05 Abril 2024

O Concello de Ribeira vén de adxudicar dous proxectos para a modernización dos servizos municipais e seguir avanzando na construción dunha administración pública máis eficiente e eficaz, mediante o uso das novas tecnoloxías.

Por unha banda, o contrato para o proxecto Desenvolvemento da integración con carpeta cidadá, adxudicado por un importe de 40.000 euros, ten como propósito “a modernización e dixitalización da xestión dos servizos públicos”. O concello pretende poder facilitar a oferta de servizos á cidadanía a través do “cartafol cidadán” da Administración Xeral do Estado. “O obxectivo é mellorar a accesibilidade dos usuarios aos servizos públicos dixitais, así como reducir a fenda dixital entre cidadáns e administración”, explicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta, engadindo que “isto mellorará a relación e interoperabilidade entre as distintas administracións públicas cos servizos da Administración do Estado, facilitando o acceso centralizado e global de toda a súa información polo cidadán”.

Doutra banda, o Concello adxudicou tamén a renovación da rede switching por un importe de 130.680,00 €, o que suporá “a renovación e modernización da súa infraestrutura tecnolóxica para favorecer a eficiencia, a seguridade e a conectividade no seu funcionamento”. Segundo explicou o edil, a rede switching municipal constitúe o eixo vertebrador das comunicacións internas e externas da Administración local.

Ambas actuacións enmárcanse nunha estratexia integral de transformación dixital que ten, como dixemos, a finalidade de “ofrecer servizos máis áxiles e eficientes á cidadanía, así como optimizar os recursos internos do Concello”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.