O Club de Xubilados de Lousame reúne a 80 persoas nunha andaina polo Camiño a Santiago pola ría de Muros-Noia

08 Abril 2024

Na mañá de onte, domingo 7 de abril, arredor de oitenta persoas de Lousame participaban nunha andaina que conforma o Camiño a Santiago pola ría de Muros-Noia, organizada polo Club de Xubilados de Lousame en colaboración co Concello de Lousame. Os e as camiñantes percorreron 16 quilómetros entre Porto do Son e Portobravo (Lousame).

Indo á expedición, dicir que daba comezo ás 9 horas da praza Teodomiro Hidalgo de Lousame para desprazárense até o faro de Cabeiro (Porto do Son), para continuar o Camiño sempre a carón da costa pola pasarela de madeira da praia de Aguieira, a beirarrúa entre O Alto da Silva deica a praia de Coira, para seguir polo paseo de Coira até o Club Náutico de Portosín. Logo de bordear o esteiro do Tambre, atravesaron Noia polo Tapal, o Cantón e a Corredoira até a Ponte de Traba, dende onde volveron a Lousame.

Dicir que a andaina estivo encabezada polo presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto; quen estivo acompañado polas concelleiras de Deportes, Mairel Agrafojo Nieto, e de Cultura, Silvia Agrafojo; e polo concelleiro de Seguridade Viaria, José Antonio Ces Barreiro.

Engadir que despois do éxito de participación nesta primeira etapa, dende o Club de Xubilados xa adiantan que nos vindeiros días convocarán a segunda parte, prevista para o domingo 5 de maio, nesta ocasión con saída en Muros. A intención é percorrer o traxecto entre Muros e Noia en tres etapas: 5 e 12 de maio e 9 de xuño.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...