
Este mes de abril vaise celebrar en Noia a XVII edición da Concentración Galicia Mercedes W123, un evento de gran interese para os seareiros dos automóbiles clásicos da nosa comarca, xa que poderán ver in situ modelos de (como mínimo) máis de 30 anos de antigüidade.
Ademais, quen teña un modelo destas características da mítica marca xermana tamén poderá contribuír á exposición coa súa achega.
A cita será o vindeiro domingo 21 de abril.
Organiza o Club España Mercedes en colaboración cos Concello de Noia e Lousame e coa Parrilada Restaurante O Forno.
Segundo informan dende o Consistorio noiés, ás 09:30 h comezarán as inscricións en Labarta para logo saír en ruta, con volta a Noia sobre as 12:00 h aproximadamente. Visita ao museo do mar e ao finalizar comida en grupo.
Máis información no número 655 13 92 55.
As inscricións poden facerse na conta info@mercedesw123club.com.



