O vindeiro 1 de maio Porto do Son vai celebrar a XXII edición da Xuntanza de Confraternidade, encontro dos maiores de 65 anos da contorna sonense e da comarca que vén da man, novamente, do Concello. A cita vén con dúas vertentes: unha misa na igrexa de San Vicente de Noal ás 12.00 horas contada polo Coro Parroquial de Porto do Son e o xantar propiamente diante a partir das 14.00 horas na carpa habilitada no xardín da zona portuaria da vila sonense. O xantar será de balde e haberá servizo de autobuses. O Concello sinala que é preciso confirmar a asistencia entre o 8 e o 19 de abril, no no 981 86 74 14 (de 9:00h a 13:00h) ou achegando os datos persoais en persoa no departamento dos Servizos Sociais do Concello.




