As augas de Tanxil, As Cunchas e Torre, cualificadas de excelentes

17 Abril 2024

O Concello de Rianxo informou esta semana que as tres praias locais incluídas no Rexistro de Augas de Baño de Galicia (Tanxil, As Cunchas e A Torre) foron cualificadas polo Servizo Galego de Saúde como de “calidade excelente“.

Ademais, os tres areais están incluídos na Rede Galega de Praias sen Fume, unha iniciativa educativa e de promoción da saúde, así como de protección do medio ambiente, pola que se insta ás persoas que desfruten da praia dun xeito saudábel sen tabaco e sen cabichas.

Por outra banda, dende o Consistorio lembran que o Concello recibiu subvencións para o embelecemento do litoral convocadas por Turismo de Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europeo NextGenerationEU, axudas que permitirán facilitar a accesibilidade das persoas usuarias e dotar as praias de maiores servizos.

Outros artigos

Xoves regresa o sol e sobe a temperatura

Galicia irá quedando durante o xoves baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

 Es una frase apócrifa que Luis XIV de Francia habría pronunciado el 13 de abril de 1655 ante el Parlamento de París, a los dieciséis años de edad No obstante, tal frase no consta en las actas de las reuniones del Parlement, por lo que se duda que tal anécdota...