Alumnado do Obradoiro de Emprego de Boiro planta 150 árbores na contorna do Parque Empresarial

05 Abril 2024

Dende O Concello de Boiro informan que o alumnado do Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III ven de plantar unhas 150 especies autóctonas frondosas na contorna do Polígono Industrial de Espiñeira. Cómpre dicir que estas tarefas forman parte da formación práctica que o alumnado desenvolve en espazos naturais do municipio. Entre as árbores que conforman esta nova plantación atopamos: cerdeiras, castiñeiros, carballos, freixos, ameneiros e bidueiros. Engadir que a finalidade desta actividade é mellorar a paisaxe da contorna do Parque Empresarial así como axudar a frear os incendios forestais.

A formación do Obradoiro de Emprego está dividida en dúas especialidades con 10 alumnos/as en cadansúa. Por unha banda, a especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e, por outra, Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. O alumnado recibe formación teórica e tamén práctica en espazos naturais do Concello ao contar cun contrato de traballo para a formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais.

Para rematar, dicir que o Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III do Concello de Boiro lévase a cabo mediante unha subvención de 531.046,20 euros da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a Xunta de Galicia para a realización de obradoiros de emprego na comunidade autónoma.

Outros artigos

En marcha a XVI Andaina por parellas do Concello de Rois

Están xa abertas as inscricións gratuítas para unha nova edición dá Andaina por Parellas que organiza o Concello de Rois coa colaboración do Colectivo Remonte. Poderán solicitar estas inscricións, ata un máximo de 25, só parellas empadroadas en Rois. Para gozar desta...

+

Deputadas nacionais do Psoe visitan AMICOS en Boiro

Ás representantes políticas no Congreso acompañáronas o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus Paula Mª Fernández e María Montserrat García visitaron a tarde deste martes, 14 de maio, as instalacións do Centro de Atención...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...