Alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo organiza unha protesta ambiental no mercadiño deste mércores, onde venderán “lixo de proximidade”

23 Abril 2024

Este mércores 24 de abril o mercadiño de Rianxo vai acoller pola mañá, entre as 11.00 e as 12.00 horas, unha actividade de sensibilización para concienciar á veciñanza sobre a necesidade de coidar o noso medio, encadrada na celebración do Día Mundial da Auga. A iniciativa consistirá nun posto de venda “orixinal”: no canto de verduras de tempada ou prendas da roupa ofrecerase á cidadanía “lixo de proximidade” recollida na contorna do concello. Participará alumnado de 4º de Filosofía do IES Félix Muriel, asistentes ao obradoiro de comunicación de guerrilla impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e o Concello de Rianxo e impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO).

Esta acción estará complementa con paneis e trípticos informativos e forma parte dunha instalación argallada polos estudantes de Filosofía do IES Félix Muriel de Rianxo tralo seu paso por un obradoiro previo de comunicación de guerrilla, unha técnica comunicativa que busca xerar impacto e conciencia social, utilizando o espazo público para provocar unha reflexión na cidadanía.

Neste caso, os mozos e mozas propoñen aos veciños e veciñas de Rianxo unha reflexión en torno ao lixo que desbotamos, especialmente no mar, como unha actividade vinculada á celebración do Día Mundial da Auga.

A acción que levan meses preparando e deseñando forma parte do proxecto europeo People & Planet: un destino común, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración do Concello de Rianxo. O punto de partida foi a participación deste alumnado en tres obradoiros previos impartidos pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social ( AGARESO) onde aprenderon non só as peculiaridades que usa a comunicación de guerrilla, senón tamén a temática a tratar: a auga como un dereito humano fundamental e a crise climática global, e tamén comezaron a imaxinar a acción que o mércores poderemos ver no mercadiño de Rianxo.

O proxecto People & Planet ten como obxectivo concienciar ás mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que “se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentábel”. A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e que se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas a prol do desenvolvemento sostíbel, tendo en conta a interdependencia local-global. Procúrase así contribuír a implementar a Axenda 2030, en especial o ODS 13, que chama a adoptar medidas urxentes para loitar contra o cambio climático e os seus efectos. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 19 entidades de Galicia, Portugal, Alemaña, Irlanda, Italia, Polonia, Romanía, Países Baixos e Cabo Verde.

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...