Accidente en Dodro con tres persoas atrapadas e sen feridos

02 Abril 2024
Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro interviu esta madrugada xunto co Ges de Padrón en un accidente con atrapados na AC-305 no Concello de Dodro. Bombeiros de Boiro

Os Bombeiros de Boiro interviñeron para liberalas tras envorcar co vehículo no que viaxaban na parroquia de San Xoán de Laíño.

Unha das persoas implicadas chamou ao 112 Galicia e explicou que acababa de accidentarse no quilómetro 8 da AC-305. Viaxaba con dúas acompañantes e, en principio, ningunha delas resultara ferida. Non obstante, eran incapaces de abandonar o coche, que quedou envorcado sobre a calzada.

De inmediato, desprazáronse ao punto os membros do GES de Padrón e os Bombeiros de Boiro, que se encargaron de retirar ás tres persoas do vehículo e confirmaron que non precisaban asistencia sanitaria.

Finalmente, encargáronse da limpeza da vía para restablecer as condicións seguras de circulación. Ademais, participaron os servizos sanitarios e a Garda Civil de Tráfico.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.