A nova dirección do PSdeG sae elixida cun 83,77 % dos votos emitidos

28 Abril 2024

Besteiro clausurou en Santiago o Congreso Extraordinario que rematou o proceso de relevo no partido e no que tamén interveu o ministro de Transportes, Óscar Puente.

O  líder dos socialistas galegos comezou a súa intervención cunha mensaxe de ánimo ao presidente do Goberno e líder do PSOE, Pedro Sánchez, e díxolle que renderse non é unha solución.

Tras lembrar tamén o seu propio periplo xudicial, polo que permaneceu máis de sete anos apartado para que todo quedara arquivado, dixo que “fronte a esa política non se pode dar nin un paso atrás, nin á beira. Hai que dar un paso á fronte”.

A nova dirección do PSdeG sae elixida cun 83,77 % dos votos emitidos
A nova Executiva do PSdeG, liderada por José Ramón Gómez Besteiro, foi elixida co 83,77 % dos votos emitidos, 377 de 450.
Dos 524 delegados con dereito a voto, exerceron o mesmo un total de 450. Deles, 377 foron a favor, e houbo 7 en branco e 2 nulos.

Ademais de Besteiro, na nova dirección figura o exsenador por Lugo #Luis Ángel Lago Lage (1957) como número dous, no cargo de secretario de Organización, e terá á concelleira das Pontes (A Coruña) Ana Pena como secretaria adxunta.
O Congreso extraordinario foi inaugurado polo ministro de Transportes, Óscar Puente, que confiou en que “deica pouco tempo podamos volver e ver como o Partido Socialista de Galicia vai crecendo e vai ocupando o lugar que se merece” porque para iso conta coas tres basees que necesita calquera formación política: «un líder», «ter un bo equipo» e «un proxecto».

«E esas tres cosas tenas José Ramón Gómez Besteiro», a quen o ministro describiu como “un líder decente, preparado, serio e fiable” nun momento no que a “política necesita ese tipo de liderados e este tipo de perfís».
Puxo en valor, ao fío desta observación, a resiliencia de Gómez Besteiro, que estivo apartado da política entre 2016 e 2022 pero resistiu con «máis altura e máis paciencia da que calquera outro tivese» tras afrontar varias investigacións xudiciais que finalmente foron arquivadas.

Tras esa etapa, agora Besteiro ten encoméndaa de sacar “adiante” ao PSdeG porque aínda que nos comicios de febreiro “o resultado obviamente non foi o que desexabamos”, as “estruturas territoriais de partido son moi fortes e cunha presenza institucional, especialmente a nivel municipal, moi grande”. TVG

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.