A Marea de Noia di que as analíticas confirman que “o Concello subministrou auga non apta para o consumo humano”

16 Abril 2024

A Marea de Noia emitiu un comunicado sobre os problemas de subministro de auga de Noia no que se informa que logo de varios días de turxidez da auga (dos que informamos neste medio a raíz de comunicados previos), a agrupación decidiu realizar tres analíticas para coñecer o alcance dos compostos da mesma. Segundo indican, “nas tres mostras recollidas o parámetro da E.Coli mostrase moi por riba do recomendado para o consumo humano”. Esta bacteria produce entre outros problemas de saúde, náuseas, vómitos, cólicos, diarrea, esgotamento ou febre.

E engaden: “Dende A Marea queremos analizar todas os rexistros que existan na Estación de Tratamento da Auga Potábel dos meses de abril e marzo. Non entendemos como un Goberno pode subministrar auga non apta para o consumo humano sen avisar á poboación. É unha absoluta irresponsabilidade”.

Así, o grupo levou a cabo unha iniciativa ao vindeiro pleno para avaliar a situación e valorar cambios no plan de auto protección da ETAP para valorar diferentes cambios nos seguimento das augas e “garantir unhas condicións dignas da mesma”.

Dende A Marea sinalan que “o Goberno do Partido Popular e do N.O.I.A deben asumir responsabilidades políticas ante esta cuestión que non se pode repetir nunca máis. Cremos que se trata dunha cuestión importante para a veciñanza que non resolve coas falsas promesas electorais do Partido Popular, que no 2016 prometía a creación dun depósito da auga do que nada se sabe”.

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...