A Garda Civil detén na Pobra a un home con máis de 1.200 dose de heroína

11 Abril 2024

Garda Civil

A Garda Civil do posto de Boiro levou a cabo unha operación que resultou na desarticulación dun punto de venda de substancias estupefacientes no centro urbano da Pobra do Caramiñal e na detención dun individuo, quen tiña na súa posesión 1.276 dose de heroína.

O inicio da investigación foi motivado pola constante trasfega de toxicómanos na zona, apoiado por queixas veciñais, e a presenza de individuos con antecedentes penais.

Durante a execución da operación, os axentes interceptaron a un suxeito pouco despois de que este adquirise unha considerable cantidade de droga para a súa posterior distribución. No seu poder atopáronse un total de 1.118 dose de heroína. Así mesmo, levaron a cabo rexistros en dous domicilios relacionados co detido, onde se comisaron 158 dose máis da mesma substancia, xunto con 245 euros en efectivo e unha balanza de precisión.

Coa detención do individuo responsable e a incautación das substancias, as autoridades consideran que se conseguiu desmantelar por completo o punto de venda de drogas na Pobra do Caramiñal. O detido compareceu perante o xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de Garda de Ribeira o cal decretou a súa liberdade provisoria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.