A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Seguridade Pública (AGASP) puxo en marcha un curso de formación en socorrismo e instalacións e praias de Noia e Porto do Son.
Nas actividades, nas que colaboran os Concellos de Noia e Porto do Son, participan unha vintena de persoas. O curso comezou este mes de marzo. A parte teórica levarase a cabo no Edificio do Casino de Noia e a vertente práctica nas praias de Porto do Son (Aguieira, Furnas, Boca do Río) e na Piscina Municipal. A finalidade é “que as persoas participantes obteñan a formación necesaria para o exercicio profesional da actividade en Galicia e para que poidan inscribirse no rexistro profesional do persoal de socorrismo”.




