Os socialistas galegos apoian na Eurocámara o novo regulamento que reforza a loita contra os vertidos de granulados

19 Marzo 2024

A Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo ratificou este 19 de marzo o informe sobre o regulamento relativo á prevención das perdas de granulados plásticos co voto a favor do europarlamentario galego Nicolás González Casares.

González Casares sinalou que os socialistas europeos lideraron as negociacións na Eurocámara e con este informe “logramos reforzar as medidas do regulamento, estendendo o seu ámbito de aplicación aos transportistas de fóra da Unión Europea, sector marítimo incluído, co obxectivo de conseguir cero perdas de pélets”.

Apuntou que con este voto o Parlamento di “alto e claro” que non poden volver repetirse situacións como as vividas en Galicia a comezos de ano, cando a “actitude pasiva, a mentira e a actuación deficiente do Goberno da Xunta de Galicia deixou á cidadanía e aos concellos solos ante a marea de granulados, agravando o problema”, sinalou.

Casares incidiu en que, coas propostas do Parlamento, os operadores e transportistas de granulados plásticos estarán obrigados a contar e limpar os vertidos deste material, ao tempo que deberán identificar, almacenar e transportar os contedores de forma moito máis estrita.

O eurodeputado socialista remarcou que “fronte ao sostido polo Goberno galego, trátase de sustancias tóxicas”, como ratificou a Comisión Europea en resposta a unha pregunta presentada polo propio Casares. Engadiu nesta resposta sinálase que “os pélets de plástico teñen repercusións adversas sobre o medio ambiente e posiblemente tamén na saúde humana”.

Precisamente por iso, o eurodeputado socialista galego valorou como unha “vitoria” do Grupo Socialista Europeo a adopción deste informe, no que o PP europeo tratou de rebaixar as propostas da Comisión propoñendo a exclusión dun maior número de operadores e rebaixando as esixencias en canto ás análises que deben levar a cabo sobre o cumprimento da normativa e dos plans de análises de riscos.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.