O IES Virxe do Mar participa no lanzamento de satélites CanSat

06 Marzo 2024

Na mañá deste 6 de marzo, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, abría a xornada de formación para os 23 equipos galegos participantes na fase rexional de CanSat 2024, a competición promovida pola Axencia Espacial Europea e que conta co apoio da Xunta de Galicia, na que se reta ao alumnado de Secundaria a realizar unha simulación dun satélite desde a súa concepción até o lanzamento ao espazo e posterior recollida de datos. Na cita participou un centro docente da nosa comarca: o IES Virxe do Mar de Noia.

O titular de Educación do Goberno galego asegurou que este desafío ao que se van enfrontar os equipos galegos “supón moito máis ca unha demostración do seu entendemento no campo da aeronáutica, xa que tamén representa unha oportunidade para levar ao terreo práctico o que pode ser unha carreira de futuro para moitos deles”, dirixíndose aos 140 participantes entre alumnado e profesorado da vintena de centros educativos adheridos ao proxecto.

Román Rodríguez salientou que encontros coma este axudan, desde as aulas, a xerar innovación aplicada, ao desenvolvemento colectivo, á resolución de retos tecnolóxicos e ao fortalecemento da capacidade dixital.

No encontro de hoxe leváronse a cabo catro relatorios vinculados á temática de satélites e serviu para a presentación dos equipos, que están formados por un máximo de seis alumnas/os baixo a coordinación dun docente.

Engadir que a xornada de lanzamento de satélites terá lugar o 23 de abril no aeródromo das Gaivotas en Cerceda e posteriormente, o día 26, haberá un evento para a defensa dos resultados

dos proxectos, nos que se valorará a parte de programación e de construción de hardware, así como a parte de comunicación e difusión das propostas. O equipo gañador da fase rexional representará a Galicia na fase nacional.

Que é un CanSat? É unha simulación satélite integrada dentro dunha lata de refrescos. O desafío para o alumnado consiste en introducir nun espazo reducido os principais elementos dun satélite real (alimentación eléctrica, sensores e sistema de comunicacións). De seguido, lánzase o CanSat a unha altura aproximada dun quilómetro e déixase caer desde unha plataforma mediante un dron, un globo cativo, un foguete ou calquera outro método. O experimento científico consiste en lograr unha aterraxe sen danos e a análise dos datos durante o descenso.

Os centros participantes son os seguintes:

A Coruña

Arteixo IES Manuel Murguía

Betanzos CPR Plurilingüe Nuestra Señora Carmen

Cariño IES Cabo Ortegal

A Coruña CPR Compañía de María

Ferrol CPR Ayala

Muxía IES Ramón Caamaño

Noia IES Virxe do Mar

Ortigueira IES de Ortigueira

As Pontes IES Castro da Uz

Lugo

Burela IES Perdouro

Lugo IES Lucus Augusti

Lugo IES Leiras Pulpeiro

Mondoñedo IES Plurilingüe San Rosendo

Ourense

A Gudiña CPI Laureano Prieto

Ourense IES O Couto

Ourense CPR Santa María Maristas

Pontevedra

Caldas IES Aquis Celenis

Vigo IES Álvaro Cunqueiro

Vigo IES República Oriental do Uruguai

Vigo CPR Plurilingüe Montecastelo

Vigo CPR Plurilingüe Las Acacias

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...