O Concello de Rianxo entrega os diplomas do Obradoiro de Emprego Monte Noso

05 Marzo 2024

O alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Monte Noso, impulsado polo Concello de Rianxo, vén de finalizar a súa formación en materia de prevención de riscos laborais. O alcalde Julián Bustelo fixo entrega dos diplomas acreditativos ás persoas participantes no obradoiro, á vez que as animou a “continuar traballando” e “formándose dan man do equipo docente que participa no obradoiro”, para cuxo desenvolvemento o Concello de Rianxo recibiu unha achega económica de 398.284,65€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

O Obradoiro Dual de Emprego Monte Noso vai destinado a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado. Céntrase nas repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Os traballos do obradoiro abranguen as actividades necesarias para o establecemento de plantas arbóreas do tipo de frondosas autóctonas, reposición de plantas danadas ou mortas, rozas manuais e mecanizada, rareo de arborado, podas, corta de invasoras, control de pragas e enfermidades, tratamentos fitocidas, mantemento de vías forestais (limpeza de gabias…), entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.