O Concello de Lousame abre este 15 de marzo o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia para o curso 2024-2025

14 Marzo 2024

O Concello de Lousame abre este venres 15 de marzo o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia (PAI), centro para menores de 0 a 3 anos, para o curso 2024-2025. O prazo ficará aberto até o vindeiro 15 de abril. As persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais, onde se lles facilitará a información e a documentación precisa, ou descargar a solicitude da páxina web municipal: www.concellodelousame.gal.

As familias interesadas deberán presentar copias cotexadas do libro de familia e do DNI de ambos proxenitores ou titor/a legal; certificado de convivencia e declaración do Imposto da Renda do último exercicio (ou certificado da Axencia Tributaria no caso de non tela presentado por non estar obrigado). A maiores, no seu caso poderán presentarse: copia cotexada da última nómina ou recibo de autónomos/as, certificación da situación de desemprego, copias cotexadas do título de familia numerosa, do grado de discapacidade ou de pensións (invalidez, orfandade, estranxeiro…) ou informe dos Servizos Sociais sobre a inclusión da familia en Programas de Intervención Familiar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.