O Concello de Rianxo informou de que é posíbel aínda formalizar unha inscrición no centro terapéutico municipal para a atención de persoas maiores con deterioro cognitivo ou con demencias neurodexenerativas, xa que aínda hai prazas vacantes. O obxectivo deste servizo impulsado grazas á colaboración entre o Concello de Rianxo e a Asociación AGADEA de persoas con deterioro cognitivo e doenzas tipo alzhéimer, é ralentizar o avance deste tipo de enfermidades, traballar a memoria, a orientación, a linguaxe e o cálculo, así como mellorar a calidade de vida e as relacións interpersoais. O centro, localizado no Liceo Marítimo de Rianxo, presta servizo os luns, os mércores e os venres de 9:30 a 13:30 horas.

Para máis información chama ao 654 07 90 72.



