
Noia acolleu esta semana a presentación dunha iniciativa impulsada polo Concello que pon o foco na saúde mental e achega claves e recursos sobre as moitas dúbidas que xorden entre a poboación respecto das doenzas mentais. “Dende o Concello queremos dar resposta á demanda social neste eido e, consecuencia diso, nacen estas Xornadas de Educación Emocional”, sinalaron os participantes na presentación, lembrando que as xornadas están divididas en catro sesións que está previsto que se desenvolvan con carácter trimestral. A primeira delas leva como título Aprende a xestionar as túas emocións e empodérate! Será este sábado 13 abril, en horario de 10:00 a 14:00 h no Casino de Noia, en formato de charla gratuíta para persoas maiores de 16 anos. As inscricións cómpre facelas na conta de correo educacionnoia@gmail.com (indicando nome e tlfno de contacto).




