O martes agárdanse intervalos nubrados con chuvascos, localmente treboentos e acompañados ocasionalmente de sarabia. A cota de neve comezará nos 600 metros e irá subindo durante o día ata os 1.200 metros. As temperaturas terán poucos cambios ou lixeiros descensos das máximas no interior, moveremonos entre os 5 e os 12 graos na comarca.
Os ventos debido a unha pequena baixa en Fisterra, soprarán durante a mañá do suroeste fortes no litoral, frouxos no resto, virando a noroeste durante á tarde a moderados no litoral.
Este martes hai aviso de alerta laranxa por temporal no litoral da Coruña e Pontevedra.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do oeste á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 6 á tarde e 5 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4.5 a 5.5 metros á mañá, 5.5 a 6.5 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



