Gadis renova a súa colaboración en materia social e ambiental con Amicos

22 Marzo 2024

A directora de Marketing e RSC de Gadis, Melisa Pagliaro, achegouse este venres, 22 de marzo á sede da Asociación Amicos en Boiro para asinar un novo convenio de colaboración entrambas entidades. No centro recibiuna Digna Iglesias, vicepresidenta da asociación, que aproveitou a visita para ensinarlle as obras de ampliación da residencia e as novidades producidas nos últimos meses.

Á xuntanza tamén asistiron a coordinadora de RSC da empresa de distribución, Lucía Santos, o responsábel da área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, Miguel Beiro, e o coordinador da mesma, Keltoi Cameán. Así ao longo da mañá tamén se discutiron as accións que se desenvolverán nos próximos meses ao abeiro desta colaboración.

Mediante esta sinatura, Gadis comprométese como socio principal do Calendario Solidario de Amicos 2025 e patrocinador do festival da inclusión Festiritititi 2024. Outro dos principais piares deste compromiso é a plantación do futuro Bosque Gadis. Este consistirá no cultivo de 300 castiñeiros. Neste labor ambiental intervirán persoas con discapacidade intelectual, o que suporá, en palabras de Amicos, “un impulso laboral moi importante dirixido a incrementar as súas posibilidades de inserción nun mercado laboral con futuro, en especial a nivel autonómico”.

A alianza entre Gadis e Amicos celebra así catro anos, durante os cales ambas entidades traballaron conxuntamente pola mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade. Neste senso, Melisa Pagliano destacou que “para Gadis é un pracer colaborar outro ano máis coa Asociación Amicos, coa que mantemos unha relación moi estreita. Esperamos que esta colaboración se manteña por un longo tempo”.

Digna Iglesias, pola súa banda, quixo agradecer “o apoio que Gadis presta á nosa entidade, unha colaboración que se asenta en catro anos de compromiso constante”. A vicepresidenta da asociación tamén quixo recalcar que “este acordo con Gadis fortalece a nosa misión de mellorar as posibilidades de inserción das persoas con discapacidade intelectual no mercado laboral, así como accións que repercuten directamente no traballo pola mellora das súas condicións de vida, como son o Festiritititi ou o Calendario Solidario”.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.