Boiro acolle este domingo a proxección de “20.000 especies de abejas”

22 Marzo 2024

A Casa da Cultura de Boiro acolle este domingo 24 de marzo a proxección do multipremiado filme de Estíbaliz Urresola 20.000 especies de abejas. Será unha sesión de cinema familiar e educativo que dará comezo ás 19.00 horas.

Sinopse

Cocó, de oito anos, non encaixa nas expectativas do resto e non entende o porqué. Todos ao seu ao redor insisten en chamarlle Aitor pero non se recoñece nese nome nin na mirada dos demais. A súa nai Ane (Patricia López Arnaiz), sumida nunha crise profesional e sentimental, aproveitará as vacacións para viaxar cos seus tres fillos á casa materna, onde reside a súa nai Lita (Itziar Lazkano) e a súa tía Lourdes (Ane Gabarain), estreitamente ligada á cría de abellas e a produción de mel. Este verán que cambiará as súas vidas obrigará a estas mulleres de tres xeracións moi distintas a enfrontarse ás súas dúbidas e temores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.