A V Bandeira de Bateis Concello da Pobra disputarase no 31 de marzo

26 Marzo 2024

Este 31 e marzo disputarase finalmente a quinta edición da Bandeira de Bateis Concello da Pobra, feminina e masculina. Trátase dunha proba organizada polo Club Remo Pobra (Club Remo Puebla) co patrocinio da Concellaría dos Deportes, ademais da colaboración da Federación Galega de Remo e a Protección Civil.

A competición desenvolverase en augas da dársena do peirao comercial, a partir das 10.30 horas, coa participación de aproximadamente catorce clubs da zona norte da Liga Galega de Bateis, o cal se traduce na presenza dun cento de equipos e 600 remeiros e remeiras.

Durante o acto de presentación celebrado este martes 26 de marzo, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, manifestou que “o noso municipio eríxese como un referente nas disciplinas deportivas vencelladas ao mar a través do remo, o cal conta cun forte arraigamento na nosa vila.” Destacou tamén a capacidade organizativa do Club Remo da Pobra e aproveitou a ocasión para felicitalo por algúns dos últimos resultados obtidos, como, por exemplo, o logro da I Bandeira de Bateis MECALSA e da I Bandeira de Bateis Muros de San Pedro, na modalidade masculina en ámbolos casos.

Por parte da entidade remeira pobrense, o seu presidente, Emilio Dieste, adiantou que o calendario do mes de abril está cheo de actividades e converterá a localidade “en capital do remo.” Así mesmo, indicou que, na competición desta fin de semana, o Club Remo da Pobra terá representación en case tódalas categorías, polo cal se agardan acadar bos resultados, segundo precisaron dúas das persoas que o integran: Diego Cabezudo, do xuvenil masculino, e Lucía Millán, da sub-23 feminina.

As bandeiras ondearán das mans dos dous equipos, masculino e feminino, que acaden unha maior puntuación. Outorgaránselles tamén medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.