A rede escolar de Clubs de Lectura recibe a incorporación de cinco novos centros da nosa comarca

27 Marzo 2024

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación, desenvolven Clubs de Lectura nas súas bibliotecas durante este curso grazas ao apoio da Xunta (Consellería de Cultura e Educación), que destina un total de 400.000 euros a este programa. O obxectivo desta iniciativa enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2021-2025, é fomentar e consolidar os hábitos lectores e as competencias básicas do alumnado (comunicación lingüística, competencia social, cultural, artística…).

Por provincias, 162 dos centros integrados no programa son da Coruña (24 de nova incorporación este curso), 60 de Lugo (cinco novos), 54 de Ourense (seis novos) e 155 de Pontevedra (18 novos). Cada un deles ten asignada unha contía de entre 600 e 1.235€, en función do tipo de centro e do proposta presentada, para destinar fundamentalmente á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar, así como para gastos derivados do funcionamento do club.

Participan, pola nosa comarca, os seguintes centros de nova incorporación: IES A Cachada e CEIP Santa Baia (Boiro), CEIP Ricardo Tobío (Muros), IES Virxe do Mar (Noia) e CEIP O Grupo (Ribeira)

Segundo explica a Consellería, poñer en marcha un club de lectura nun centro educativo consiste, basicamente, en promover a participación dun grupo de alumnado para compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso.

Ademais, estes clubs de lectura (cuxo espazo natural son as bibliotecas escolares) vense enriquecidos polo emprego das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (que contribúen á lectura en diversos soportes, permiten introducir as narrativas transmedia e facilitan a difusión de actividades), así como pola participación de adultos da comunidade educativa que propician o intercambio de experiencias interxeracionais.

Ademais da dinamización a prol da lectura e ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida, os Clubs de Lectura tamén están concibidos como espazos de convivencia e de educación cidadá.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...