A mina de San Finx declara ante o Xulgado de Noia polas verteduras tóxicas

04 Marzo 2024

Na mañá deste luns día 4, declarou ante o Xulgado de Instrución N.º 2 de Noia o representante de Tungsten San Finx, a empresa concesionaria da polémica mina en Lousame, empresa imputada por presuntos delitos contra o ambiente e os recursos naturais. A vista, posposta en varias ocasións, é consecuencia da denuncia interposta polas confrarías de pescadores de Noia e Portosín, á que se adheriron organizacións ecoloxistas como acusación popular medioambiental.

Diante do Xulgado e Noia concentráronse ducias de representantes dos colectivos do mar, ecoloxistas e sociais para amosar a súa repulsa á actuación da empresa mineira e demandar á Administración galega medidas inmediatas para solucionar o problema ambiental, dado que as verteduras, sinalaron, “prodúcense a apenas 7 km da ría de Muros e Noia e do LIC Esteiro do Tambre, espazo da Rede Natura 2000”.

As entidades esixen á Xunta que “impoña de inmediato as fianzas necesarias, ante o risco de evasión da empresa, e que aplique o canon de control de vertidos para garantir que se leven a cabo as actuacións necesarias para impedir a continuidade das verteduras, así como a restauración da zona afectada polas presas de residuos mineiros abandonadas”. 

“A solución pasa por taponar as galerías de desaugue e selar os centos de labores mineiras polas que se infiltra a auga”, apuntou Joám Evans, voceiro de Ecoloxistas en Acción e da Plataforma comarcal contra as verteduras.

Ecoloxistas en Acción alerta de “que a día de hoxe non se coñece a identidade dos titulares reais da mina, unha vez que o control da empresa pantalla Metais Estratéxicos S.L., cun capital de apenas 3.000 euros, exércese a través de empresas interpostas situadas en xurisdicións opacas e paraísos fiscais”. 

Os ecoloxistas tamén sinalan que “a presenza como administrador de Miguel Cabal, relacionado co empresario colombiano Serafino Iacono, vinculado aos famosos Papeis de Panamá, ten feito saltar todas as alarmas polo risco de fuga”. E engaden: “A falla da presa de residuos mineiros abandonada sería catastrófica, pois en poucas horas miles de toneladas de lodos tóxicos chegarían á ría”.

Outros artigos

Martes 12, ceos despexados e lixeiro descenso das temperaturas

Continuamos este martes baixo a influencia das altas presións o que deixará unha xornada de ceos xeralmente pouco nubrados ou despexados en boa parte da comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso en comparación cos valores das xornadas anteriores,...

+

Chegan as primeiras centolas da tempada

Este luns desembarcaron as primeiras centolas da tempada nos portos galegos. Este martes chegarán aos mercados, pero xa se venderon nas lonxas como na de Ribeira e no Grove .  Son moitos os mariñeiros que agardaban a apertura da veda para saír ao mar. O primeiro día...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Preguntas y respuestas”. José Antonio Constenla

“Preguntas y respuestas”. José Antonio Constenla

Ha pasado ya una semana de las elecciones en EE.UU. y es momento deanalizar sosegadamente lo qué significará la victoria de Trump. Un políticooutsider con una visión que no exenta de cierto dogmatismo pretende centrarseen exclusiva en los intereses particulares de su...

“No lo entiendo” – Manuel Domínguez

“No lo entiendo” – Manuel Domínguez

No lo entiendo. Hemos vistos miles de ciudadanos españoles, llegados de todas partes de España acudir en ayuda de Valencia, lo cual nos hace sentir orgulloso de nuestras gentes. Mi pregunta es, ¿habéis visto algún político, acudir en ayuda de su pueblo? Diputados en...