A DGT comezá este luns en Galicia unha campaña especial de control e vixilancia do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil

10 Marzo 2024

A Delegación do Goberno en Galicia informa de que a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) iniciará desde este luns 11 de marzo, unha campaña especial de control e vixilancia sobre o uso do Cinto de Seguridade e Retención Infantil (SRI), que se estenderá ata o próximo domingo 17 de marzo. A Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto coas policías municipais daqueles concellos que se sumen á iniciativa, levarán a cabo estes controis.
O obxectivo desta campaña é concienciar sobre a importancia do uso dos sistemas de retención homologados, cinto de seguridade e SRI. Segundo os últimos datos da DGT, en Galicia o 51% das persoas que faleceron en accidentes de tráfico en turismos ou furgonetas no 2023 non facían uso do cinto. Na provincia da Coruña elévase ao 57% esta porcentaxe.

Estes datos son especialmente preocupantes xa que o uso do cinto reduce á metade  o risco de falecemento en caso de accidente e nun 77% en caso de envorcar do vehículo. A capacidade de protección do cinto é igualmente efectiva respecto de todos os ocupantes, pasaxeiros que viaxen nos asentos dianteiros, e tamén nos asentos traseiros.

A campaña consistirá nun importante incremento dos controis coa utilización do máximo número de medios humanos e materiais 
dispoñibles. Así mesmo, sempre que sexa posible, tanto os paneis de sinalización variable como as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil advertirán aos condutores da existencia próxima de controis.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...