Unha nova edición da Mostra de Teatro Escolar da Pobra achega catro sesións ao Elma

19 Febreiro 2024

Catro funcións integran a Mostra de Teatro Escolar que organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este ciclo desenvolverase nos martes e xoves das dúas últimas semanas de febreiro, no Teatro Cine Elma, ás 12.00 horas.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, indicou na presentación do certame que “se cada outono/inverno artéllanse programas teatrais para público adulto cos ciclos profesional e afeccionado, óptase tamén por achegar as artes escénicas aos centros educativos da localidade”. Ao ser saídas programadas cos propios colexios, non se require inscrición previa.

Talía Teatro desprazarase ao municipio no martes 20 con Lambetadas. Trátase dun espectáculo que ten como obxectivo a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. Mediante o xogo escénico e o humor, os protagonistas pasarán por situacións cómicas que os levarán a encarnar múltiples personaxes con diferentes oficios e disciplinas, pero descubrirán que a identidade está na propia lingua porque con ela se poden saborear as lambetadas máis doces e variadas.

O xoves 22 será a quenda de As palabras perdidas, con Inventi Teatro, onde a Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional disponse a narrar o seu relato preferido, pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes que fuxiron da historia, borradas por falta de uso, e unicamente retomando a súa utilización volverán ao texto.

A función Valente e rebelde, de Trémola Teatro, escenificarase no martes 27. Lucía L. Golán e Paula Regueiro darán vida a dúas irmáns que vivirán mil e unha aventuras a través de xogos e disfraces para demostrar que o mellor é ser valente e rebelde.

E Producciones GCB levará ás táboas A dobraxe dos dibus, no xoves 29.

Outros artigos

Ribeira reforza a limpeza e o mantemento dos contedores de lixo

Dende a Concellería de Servizos Municipais de Ribeira informan á veciñanza que se están a levar a cabo os labores de reposición dos contedores de lixo que se atopaban en mal estado, moitos dos cales, segundo explicou o dito departamento do Concello, "xa superan a...

+

A Pobra conmemora o Día das Bibliotecas cun contacontos infantil

No 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas e, por tal efeméride, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza un contacontos ao abeiro do programa Ler Conta Moito. Paula Carballeira narrará Contos de sapos, bruxas e curuxas ao público familiar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

La democracia termina siendo el “gobierno de la mayoría” La decisión de la mayoría se considera la adecuada, la justa, es representativa de la sociedad, la mayoría decide y se acepta, considerando, que en ella reside el conocimiento. Ejemplos, si tuviéramos que...

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

El próximo 13 de diciembre, el coronel de la Guardia Civil, Diego Pérez de los Cobos cumplirá 61 años y pasará a la reserva, ya que debido a las trabas y obstáculos del ministro del Interior, no ascenderá a general. En su discurso el Día del Pilar, Patrona del Cuerpo,...