Unha colisión múltiple entre cinco vehículos en Boiro sáldase con tres persoas trasladadas ao Hospital

15 Febreiro 2024

Bombeiros Boiro

Segundo informaron ao 112 Galicia os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tres persoas tiveron que ser trasladadas esta mañá despois de producirse unha colisión entre cinco vehículo na AG-11, no quilómetro aproximado 21, ao seu paso pola parroquia de Cespón, no municipio de Boiro.

A información recolleuse no 112 Galicia a través de diversas persoas que contactaron co centro de emerxencias ás 07:35 horas. Un deles foi un particular implicado que informaba que batera con algo na estrada, non sabía especificar o que, e debido a isto varios vehículos colisionaron con el. Tamén comunicaba que non podía confirmar se nos outros vehículos había persoas feridas ou atrapadas.

Deseguido, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil de Boiro.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirman ao 112 Galicia que tres persoas tiveron que ser trasladadas, aínda que o seu estado non revestía gravidade, e que finalmente foron cinco os vehículos implicados no accidente, os cales entorpecían a circulación xa que estaban ocupando ambos carrís da autovía.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.